top of page
"Resiliencia". Imagen gráfia de Jessia Mera

"Resiliencia". Imaxe gráfica de Jessica Mera

    O ámbito escolar configúrase como o ámbito de actuación para ofrecer unha formación integral, gratuíta e responsable, libre de prexuízos e estereotipos. A nosa tarefa educativa debe centrarse no desenvolvemento de estratexias procedimentais e actitudinais que fomenten a conciencia e a actitude crítica.

 

     Na procura dunha metodoloxía participativa, expansiva e transversal, o noso plan de acción non se limita aos límites do instituto. Participamos en diferentes proxectos vinculados ao Ministerio de Educación, Ciencia e Deporte, ao Ministerio de Educación, á Universidade de Santiago de Compostela, á Secretaría Xeral da Igualdade, ao Concello de Lugo, á Casa da Muller e aos medios de comunicación. Somos conscientes da importancia da implicación de toda a cidadanía para concienciar, sensibilizar e, en definitiva, crear unha sociedade mellor.

 

bottom of page