top of page

Publicado na revista Eduga

PUBLICACIÓN enlace: http: //www.edu.xunta.gal/eduga/1446/plan-proxecta/antidotos-contra-violencia-xenero

    No curso 2015-2016 decidimos participar no programa Por 365 días de respecto e igualdade do Plan Proxecta coa obra Antídotos contra a violencia de xénero. Tiñamos un obxectivo común: a educación en valores e actitudes igualitarias libres de estereotipos sexistas e de reflexión e pautas para detectar a violencia de xénero. Na experiencia participaron cinco profesores e un profesor de distintas disciplinas (Tecnoloxía, Música, Lingua Castelá e Literatura, Filosofía e Inglés).


   Mobilizar, sensibilizar e construír ferramentas teórico-prácticas para e coa comunidade educativa foron os propósitos dos que partimos. Levamos a cabo un proxecto interdisciplinar e internivel no que implicamos unha alta porcentaxe de alumnado de todos os niveis de secundaria e bacharelato.

bottom of page